ACTIVIDADE 8

 A atmósfera é unha capa fluida en contínuo cambio. A súa dinámica é moi complexa pero, dun xeito simplificado, podemos dicir que hai tres parámetros básicos que controlan o seu comportamento: a presión, a temperatura e a humidade.

1. Que é a presión atmosférica?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

 É a presión que exerce o conxunto da masa de gases da atmósfera sobre a superficie terrestre e sobre todo o que repose sobre ela. A medida que un ascende con respecto ao nivel do mar (nun avión, ou subiendo unha montaña), a presión atmosférica diminue xa que hay menos masa de aire sobre nos.

O aparato encargado de medir as variacións de presión recibe o nome de barómetro. O seu inventor foi o evanxelista Torricelli no século XVII, e desde esa época, ata os nosos días, éstos aparatos han cambiado moito de forma, aunque a sua base segue sendo o experimento do físico e matemático italiano.

Este ensaio consistiu nun tubo de 800 milímetros de altura cheo de mercurio e pechado polo seu extremo superior. Torricelli sumerxió o extremo aberto nunha cubeta tamén con mercurio e observóu que o líquido do tubo descendía ata estabi­lizarse en 760 milímetros de altura.
2.  Que é a temperatura atmosférica?, como varía ca altitude nas distintas capas da atmosfera?

A temperatura atmosférica é un dos elementos constitutivos do clima que fai referencia ao grao de calor específica do aire nun lugar e tempo determinados, así como á evolución temporal e espacial do devandito elemento nas distintas zonas climáticas.

Troposfera:  mide unha media de 11km

A baixada de temperatura na troposfera estímase nuns 6,5 ºC por cada km de altitude, alcanzando unha temperatura duns -56 ºC no seu límite superior, a tropopausa.

Estratosfera: desde  uns 11km ata os 55km.

As temperaturas aumenta ata un nivel parecido a da superficie terrestre, uns 15ºC. Este aumento da temperatura está relacionado co ozono presente na estratosfera.

Mesosfera: Esténdese desde a estratopausa ata unha altitude aproximada duns 80 km.

Na mesosfera a concentración de ozono diminúe, polo que a súa capacidade para absorber a radiación UV é moi pequena. Na mesopausa, que é a zona superior da mesosfera, alcánzanse as temperaturas máis baixas de toda a atmosfera, aproximadamente -100 ºC.

Termosfera: Está por enriba da mesopausa e o seu límite superior varía entre o día e a noite, podendo chegar ata os 500 km durante o día.

A súa temperatura varía entre os 500ºC e os 2000ºC.

Exoesfera: Estímase que esta zona indefinida de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espazo interplanetario estaría a uns 1000 km de altitude.

3. Que é a humidade absoluta? e a relativa?, con que instrumentos se mide e cales son as unidade de medida máis empregadas?

Humidade absoluta: É a cantidade de vapor de auga (normalmente medida en gramos) por unidade de volume de aire ambiente (medida en metros cúbicos).
É unha das formas de avaliar a cantidade de vapor que contén o aire, que se utiliza, cos datos de temperatura, para estimar a capacidade do aire para admitir ou non maior cantidade de vapor. Unidade de medida g/m3.
O método de medición máis utilizado utiliza un termómetro húmido (envolto nun pano húmido) xunto cun termómetro seco. O bulbo húmido mostra a temperatura do punto de orballo. Ademais da temperatura, pódese calcular a humidade relativa. O dispositivo faino automaticamente.

Humidade relativa: É a relación entre a presión parcial do vapor de auga e a presión de vapor de equilibrio da auga a unha determinada temperatura. A humidade relativa depende da temperatura e da presión do sistema de interese. A mesma cantidade de vapor de auga produce unha maior humidade relativa no aire frío que no quente. Un parámetro relacionado é o punto de orballo.
O hidrómetro é o instrumento utilizado para medir a humidade relativa, a cantidade de vapor de auga presente no aire.

Comentarios