ACTIVIDADE 39

 1 - Que son os biomas?

É unha determinada parte do planeta que comparte o clima, a flora e a fauna. Un bioma é o conxunto de ecosistemas característicos dunha zona bioxeográfica que se define a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan.

2 - Hai biomas nos mares e océanos? Razoa a resposta.

Si, diferencianse na profundidade na que se encontran, a temperatura e a súa distancia dos continentes, podense diferenciar catro biomas:

Biomas mariños costeiros. Son os situados en rexións costeiras, entre zonas terrestres e acuáticas. Son biomas sensibles aos cambios ambientais porque sobre eles actúan os ventos e as mareas.

Biomas mariños profundos e abertos. Estes biomas mariños corresponden a augas oceánicas na súa totalidade. Teñen unha rica biodiversidade pola flora e fauna que conteñen, creando ecosistemas de gran importancia para o planeta.

Biomas mariños das illas oceánicas. O gran número de illas oceánicas forman puntos illados de biodiversidade mariña.

Biomas mariños de corais tropicais. . Están en augas temperadas de rexións tropicais e serven de refuxio para millóns de especies para as que serven de hábitat natural.

3 - En que bioma ou biomas podemos situar á península ibérica? cales son as súas características? 

Bioma mediterraneo:É un bioma de bosques e matogueiras que se desenvolve en rexións de clima mediterráneo, caracterizado por invernos suaves, veráns secos, outonos cálidos e primaveras con abundantes precipitacións, aínda que é moi sensible á desertización, se a capa vexetal é destruída, aínda que algunhas especies de vexetación están adaptadas ao lume.

Bosque de montaña: Son bosques de coníferas e caducifolias situados no alto das montañas, onde hai baixas temperaturas xa que a medida que se sube vai facendo máis frío. Normalmente, as temperaturas están por debaixo dos cero graos centígrados. As precipitacións son abundantes, xa que estes ecosistemas son un obstáculo para as correntes de aire cálido que teñen unha boa carga de humidade.

4 - Busca o bioma taiga, indica características e cita unha especia animal e unha vexetal propia da zona.

Xeograficamente atópanse en todo o norte de Rusia (incluída Siberia), o norte de Europa, na rexión da baía de Hudson, no norte de Canadá e no estado de Alasca.Limita ao sur coa estepa e ao norte coa tundra. O hemisferio sur non ten áreas de taiga porque a porción de terra nas latitudes nas que se desenvolve é moi pequena. Neste hemisferio desenvólvese o bosque subpolar de Magallanes no sur de Arxentina e Chile

A súa temperatura media é de 19 °C no verán, e de -30 °C no inverno. A precipitación media anual alcanza os 450 mm. O período favorable para a vida das plantas redúcese a catro meses. A vexetación dominante na taiga é o bosque de coníferas. Entre a fauna destacan o oso parda, o alce, o coello, o lobo e o raposo.

Comentarios